Header
Máster Oficial ofertado por el Área de Ciencia Política y de la Administración de la Universidad de Vigo proporciona competencias en el ámbito de la dirección y gestión pública, con un formato completamente online.

La Universidad de Vigo entra en el ránking de las 100 mejores universidades del mundo de menos de 50 años

junio 20th, 2013 | Posted by admin in Novedades

Ocupa o posto 77 do listado elaborado por The Times Higher Education

http://duvi.uvigo.es/images/stories/ugm/5541/images/campusgal.jpgVigo entra no ránking das 100 mellores universidades do mundo de menos de 50 anos.  A institución viguesa tamén está no Top400 das mellores do mundo.

A experiencia é un grao pero, desta volta, son a xuventude e a excelencia os valores principais que fixeron que a Universidade de Vigo entre por primeira vez no ránking das 100 mellores universidades do mundo de menos de 50 anos. Elaborado por The Times Higher Education, esta clasificación permite recoñecer e ponderar os resultados de investigación, calidade docente, internacionalización e transferencia de institucións académicas novas de todo o mundo. Este mesmo organismo vén de facer público tamén o listado das 400 mellores universidades do planeta, un club ao que tamén pertence a institución viguesa, que se sitúa no tramo entre 350 e 400. Para o vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García, “isto é froito do traballo de toda a comunidade universitaria durante moitos anos e confirma que as cousas se están facendo ben dende hai tempo”.

Diario de la Universidad de Vigo

 

You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 Both comments and pings are currently closed.